CRTVG

Buscar

Os universitarios piden cláusulas anticovid−19 nos contratos dos pisos de alugueiro

Publicado o 01/09/2020 14:11

Se atopar piso xa era complicado para os centos de estudantes universitarios que cada ano comezan un novo curso académico, agora coa pandemia polo medio aínda máis. Sobre todo pola incerteza de que vai pasar nos próximos meses.

Por iso moitos dos que alugan queren garantías. Cada vez son máis os que se interesan polas chamadas cláusulas anticovid−19 nos contratos, para saber que facer en caso de que se anulen as clases presenciais.

Aínda así, os prezos dos alugueiros en xeral mantéñense na liña doutros anos.

Noticias web

01/09/2020