Os universitarios españois amósanse pesimistas co seu futuro laboral
Publicado o 08/06/2021 20:19
Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, no primeiro trimestre de 2021 a taxa de desemprego entre os menores de 25 anos superou o 39%. En Galicia o 37. Un panorama nada alentador para os máis novos.
Unha enquisa entre universitarios españois recolle que máis da metade, un 55,8%, considera que a situación irá a peor. A excepción está en quen estuda carreiras sanitarias.
Entre os factores que máis valoran á hora de traballar nunha empresa...
Aínda así cerca do 90% aceptaría vivir no estranxeiro por razóns de traballo.