CRTVG

Buscar

Os universitarios buscan a especialización en Santiago na Feira Internacional de Estudos de Posgrao

Publicado o 26/04/2021 21:49

Primeira feira presencial en moitos meses nun sector que busca pouco a pouco regresar á normalidade. Con moitas medidas de seguridade pero de novo con interaccións persoais, algo que todos estrañaban. A especialización que ofrecen estes programas é xa pouco menos que obrigatoria para acceder á maioría de novos postos e sectores no ámbito laboral.

MBA, márketing, hostalaría, enxeñerías ou sectores bio e sociosanitario son algúns dos máis demandados; todos enfocados a novos perfís máis tecnolóxicos.

Agora buscan flexibilidade entre o mundo online e o presencial. O que máis lles preocupa do seu futuro laboral son as baixas remuneracións, o paro e a posible necesidade de emigrar.

Dezaoito universidades estiveron presentes nesta edición dunha feira reducida case á metade con respecto á do 2019.

Noticias web

26/04/2021