CRTVG

Buscar

Os turistas recoñecen Galicia como un destino seguro

Publicado o 16/08/2020 14:53

Os visitantes de Combarro téñeno moi claro, Galicia é un sitio tranquilo e seguro. Un bo lugar en que pasar as vacacións un ano coma este; mesmo paseando polas estreitas rúas do vello núcleo mariñeiro, agora de dirección única.

Ata aquí achegouse hoxe a unidade móbil coa campaña de Turismo Seguro da Xunta de Galicia, un lugar en que nos explican, rutas, aloxamentos, enoturismo ou os días e horas máis axeitados para visitar o país sen grandes tumultos.

As localidades máis turísticas do país ou con máis encanto, coma este eixe Poio-O Grove-Sanxenxo están acadando este ano tan atípico bos rexistros de ocupación. A Concellería de Turismo de Poio cifrou a ocupación na primeira quincena de agosto nun 70%, cunha grande aposta dos turistas polas casas rurais.

Noticias web

16/08/2020