CRTVG

Buscar

Os turistas galegos elixen Portugal este 15 de agosto

Publicado o 15/08/2020 14:59

A clientela galega é maioritaria calquera sábado na feira de Vilanova de Cerveira. Este que é festivo, aínda máis.

A feira celébrase con medidas de hixiene e de vixilancia para que os clientes leven máscara, que en Portugal non é obrigatoria en espazos abertos, pero si nos lugares en que hai concorrencia. Con todo, os comerciantes aseguran que non está a ser unha boa temporada de vendas.

Portugal, o país veciño, a escapada clásica e favorita dos galegos, é máis socorrida que nunca nesta época de cancelacións e de adiamentos.

Noticias web

15/08/2020