CRTVG

Buscar

Os turistas e peregrinos que visiten Galicia terán un seguro gratuíto fronte ao coronavirus

Publicado o 16/05/2021 13:40

Estará en vigor en tres semanas. A partir de entón os viaxeiros que cheguen a Galicia e se contaxien de coronavirus durante a súa estadia disporán dun seguro de balde, para afrontar os posibles gastos, sanintarios, de aloxamento e de transporte. O servizo prestárao Europ Assistance, a emprensa á que a Xunta adxudicou o contrato.
 

 "Estarían cubertos os gastos sanitarios, se ten que estar no hospital e  se ten que facer corentena, a estadia no establecemento estaría cuberta e por suposto cubre o acompañante e, se por desgraza,  tivera que facerse a repatriación tamén. O seguro en principio sería o ano 21 e coa posibilidade de amplialo no 22 . Agardemos que non sexa necesario pero estamos preparados, eso é o que queremos transmitir", di Nava Castro, directora de Turismo.

As coberturas irán dende os 500 ata os 15.000 euros para casos de repatriación internacional.
"É un complemento perfecto para eses paquetes turísticos que xa venden as axencias de viaxes para poder transmitir a calquera parte do mundo e a calquera persoa que se anime a vir, que Galicia é un lugar seguro", afirma Nava Castro.

Con ese mesmo obxectivo, de mostrarse como un destino seguro, Galicia chega á Feira Internacional do Turismo que comeza este mércores en Madrid. A comunidade disporá dunha suprficie duns mil metros cadrados no que hai previsto celebrar máis de 40 presentacións
 

 

Noticias web

16/05/2021