CRTVG

Buscar

Os tripulantes do narcosubmarino puideron cruzar o Atlántico dende O Brasil

Publicado o 29/11/2019 13:05

O narcosubmarino de Aldán puido cruzar o Atlántico dende O Brasil, valéndose dun temón antigo e dun vello compás. Así o apuntan fontes da investigación, que está centrada precisamente nas características técnicas deste somerxible de 20 metros.

As forzas de seguridade tratan de saber como se fabricou e a ruta que realizou cos arrestados no interior. Os tres tripulantes poderían contar con víveres para sobrevivir uns vinte días, e carecían de baño, polo que tiñan que facer as súas necesidades nun caldeiro.

O narcosubmarino permanece na área portuaria da Zona Franca, en Bouzas. Os investigadores seguen intentando localizar o terceiro tripulante que fuxira por Cangas.

Noticias web

29/11/2019