CRTVG

Buscar

Os tres profesores da ESAD negan o acoso ás alumnas

Publicado o 11/03/2021 14:44
Os tres profesores da ESAD negan o acoso ás alumnas

Os tres profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia negaron ante o xuíz as acusacións de acoso formuladas por algunhas alumnas. Os tres están apartados temporalmente dos seus cargos deste organismo público que ten a súa sede en Vigo.

O caso do presunto acoso saíu á luz hai agora un ano, despois de que a Policía Nacional lle remitira un atestado á Fiscalía, que decidiu abrir unha investigación. Supostamente, os docentes realizaron tocamentos e comentarios fóra de ton a algunhas alumnas, e mesmo chegaron a modificar o contido dalgunhas escenas para introducir nelas contactos máis íntimos.

Noticias web

11/03/2021