CRTVG

Buscar

Os transportistas reclaman a eliminación da peaxe entre Vigo e Redondela

Publicado o 22/02/2019 15:41

A eliminación da peaxe entre Vigo e Redondela é unha vella reivindicación dos usuarios deste tramo da AP-9. Os transportistas de Pontevedra súmanse á petición da supresión do canon que segundo explican prexudica os empresarios.

O alcalde de Redondela e a presidenta do Partido Popular de Vigo deron o seu apoio aos empresarios durante un encontro en que ambos os dous anunciaron a súa asistencia á manifestación que se celebrará este sábado entre Teis e Chapela.

Noticias web

22/02/2019