Os transportistas de Endesa volven pecharse no Concello
Non se renden.. son os transportitas do carbón, a cabeza máis visible nesta loita, que despois dun parón polo Nadal, retoman as protestas.
Volven pecharse na Casa do Concello das Pontes e dende aquí seguen reclamando unha transición enerxética xusta, para que lles dea tempo a readaptarse e buscar alternativas.
Manuel Bouza, Presidente da Asociación de Transportistas do Carbón: Que a xente poida seguir traballando, que digan quedan catro anos, cinco ou dez, pero que non haxa o atropelo que houbo ata o de agora"
Porque din que nos últimos oito meses xa perderon máis de 17 millóns de euros.. e isto comeza a pasar factura a toda a comarca.
Eliseo Barro: Tesoureiro da asociación de transportistas do carbón: "Aquí os bares hai dez meses cerraban ás doce da noite e agora ás dez.. e haberá quen teña que facelo tamén pola tarde, e quen di os bares, tamén terán que facer o mesmo os comercios, esto é unha cadea"
Esta noite, en asemblea, decidirán novas medidas de protesta.