Os transportistas bloquean por cuarto día a central das Pontes para pedir un plan de futuro
Publicado o 08/03/2021 18:19
O acceso á central térmica das Pontes permanece pechado por cuarto día consecutivo. Os traballadores das auxiliares, os transportistas do carbón, empresarios e veciños advirten de que as súas protestas irán á máis se a dirección non lles presenta unha proposta de futuro para o complexo. Desde a asociación de transportistas repróchanlle á compañía que presione con presenza policial en vez de sentar a falar con eles.
Endesa mantén a súa previsión de pechar a central no mes de xuño. Están no aire centos de empregos directos e indirectos.