CRTVG

Buscar

Traballos de urxencia nun viaduto complican o tráfico nunha das principais arterias da Coruña

Publicado o 21/09/2021 13:38

O obxectivo principal, aseguran dende o Concello da Coruña, é garantir a seguridade neste punto da rede viaria, unha das principais arterias do tráfico da cidade. O técnico do concello sinala que "agora mesmo a previsión é pechar, ampliaremos o estudo e a estimación e para uns tres meses".

Os técnicos detectaron durante un proceso de monitorización en diversos puntos da cidade eses problemas estruturais. Agora a medida é inaprazable e a posible solución dependerá dos datos que recaden durante estas semanas.

A solución definitiva aínda non está tomada.

"Ampliárase o estudo e tomarase a decisión cun trámite urxente, agora a medida correctora, e xa chegará a solución definitiva".

Os veciños da zona entenden a urxencia das obras e neste caso a súa prioridade sobre as molestias que causarán. O peche ao tráfico destes puntos da avenida de Arteixo ter importantes consecuencias na mobilidade, xa que esta vía é unha das máis utilizadas para acceder ao polígono da Grela dende o centro da cidade.

Noticias web

21/09/2021