Os traballadores que estiveron en ERTE con ingresos inferiores aos 22.000 euros terán que facer declaración da renda
Publicado o 22/03/2021 16:56
José traballa como camareiro nunha cafetería de Vigo. Durante o ano pasado estivo tres veces en ERTE. Preocúpalle a declaración da renda deste ano logo da advertencia dos técnicos do Ministerio de Facenda que di que o SEPE se considera un segundo pagador.
O caso de José é o daqueles traballadores que cuns ingresos inferiores aos 22.000 euros terán a obriga de declarar se a prestación do Servizo Público de Emprego Estatal superou os 1.500 euros anuais.
Outra das cuestións a ter en conta é que o SEPE non aplica a retención do imposto do IRPF na cantidade que recibe o traballador.
A próxima campaña da renda comezará o próximo sete de abril e rematará o 30 de xuño.