Os traballadores galegos afectados polos ERTE poderán solicitar un adianto das prestacións que lles debe o Goberno
Publicado o 27/04/2020 15:09
Dende hoxe, os traballadores galegos afectados por expedientes de regulación de emprego poderán solicitar un adianto das prestacións que lles debe o Goberno central.
Anunciouno o conselleiro de Economía tras manter unha xuntanza por videoconferencia con empresarios de San Cibrao e Barreiros.
Francisco Conde fixo fincapé en que esta medida, acordada con varias entidades bancarias, permitirá ás familias facer fronte ás súas necesidades.