Os traballadores esenciais lembran o medo das primeiras semanas da pandemia
Cando as máscaras aínda non eran obrigatorias, cando as incógnitas gañaban por goleada ás certezas, os traballadores esenciais non fallaron. Os supermercados foron trincheiras. Tamara López é responsable de quenda nun supermercado da Coruña. Lembra que non tiñan medidas de protección e abastecemento dos primeiros días.
Para Karla, que é caixeira no mesmo establecemento, o máis duro foi o temor a contraer o virus e a contaxias a súa familia.
"Enfrontarse ao descoñecido. É como ir a unha guerra sen ter unha arma para defenderte", explica.
Agora que pasaron os meses e que teñen as armas, que moitas incógnitas están despexadas, fan unha lectura positiva. Tamara viu a cara máis humana dos seus compañeiros, Karla destaca o orgullo dos seus fillos e o sentimento de ser útil.
Ningunha esquece o agradecemento de todos os seus clientes, saberse máis visibles, traballadoras valiosas e valoradas, esenciais sempre.