CRTVG

Buscar

Os traballadores dun supermercado de Vigo súmanse con coreografías aos aplausos das oito da tarde

Publicado o 23/04/2020 14:48

Esta é a imaxe que se repite a diario en cada recuncho do país ás 8 da tarde: a dos aplausos aos sanitarios. Tamén se sumaban á homenaxe os traballadores dun supermercado situado no numero 22 da travesía de Vigo, aproveitando que pechan a esa hora.

Pero quixeron facelo con un toque de humor e empezaron a bailar. Animados polos aplausos dos veciños, agora cada tarde improvisan coreografías que xa se converteron nunha cita obrigada e esperada.

Aínda que cansos despois das longas xornadas de traballo e da tensión que tamén eles soportan, sempre tiran de humor e enxeño para non defraudar os seus agradecidos espectadores.

Noticias web

23/04/2020