CRTVG

Buscar

Os traballadores do Santander mobilízanse na Coruña e Vigo contra a súa situación laboral

Publicado o 12/12/2020 14:18

Os traballadores do Banco Santander saen á rúa para denunciar a súa situación laboral.
Este mediodía concentráronse no Cantón Grande da Coruña e na travesía de Colón de Vigo. Aseguran que dende o 2013 xa se levan destruidos máis de 15.000 empregos e que a entidade quere continuar nesa liña, eliminando outros 4.000 postos de traballo. Acusan ademais os seus dirixentes de facer un uso fraudulento da subcontratación.

Noticias web

12/12/2020