Os traballadores de Vulcano chegan a Santiago para pedirlle á Xunta que evite a desaparición do estaleiro
Publicado o 04/10/2019 17:57
Chegan a Santiago os traballadores de Vulcano despois de percorrer o Camiño desde Vigo. Demandan o apoio da Xunta para evitar que desapareza o estaleiro. Reuníronse co conselleiro de Industria para solicitarlle que busque un investidor e que defenda o mantemento dos postos de traballo.
Ante o Parlamento foron recibidos por deputados dos catro grupos da oposición e de Ciudadanos, que apoiaron as reivindicacións dos traballadores.