CRTVG

Buscar

Os traballadores de Repsol protestan polo ERTE anunciado para a planta da Coruña

Publicado o 09/04/2021 16:13
Os traballadores de Repsol protestan polo ERTE anunciado para a planta da Coruña

Os traballadores de Respsol da refinería da Coruña concentráronse este venres diante das instalacións para protestar contra o ERTE anunciado pola compañía. Din que tras desta medida hai unha estratexia da empresa para reducir custos e apostan pola formación de cara ao proceso de cambio enerxético.

O ERTE afectará un terzo do cadro de persoal durante seis meses.


Noticias web

09/04/2021