CRTVG

Buscar

Os traballadores de Nissan piden novos modelos de futuro para non perder a carga de traballo

Publicado o 06/03/2020 08:58

Un milleiro de traballadores de Nissan manifestáronse en Barcelona. Esíxenlle á compañía xaponesa que cumpra cos seus compromisos e reoriente as súas plantas cara a novos produtos. A empresa xa fixo o ano pasado un expediente de regulación de contrato que afectou a 600 traballadores. Por iso piden novos modelos de futuro para producir cando en maio se deixe de fabricar en Barcelona a furgoneta Mercedes Benz.

O Parlamento de Cataluña ditou unha declaración institucional de apoio, pero non deixou entrar os traballadores no pleno, e iso ocasionou algúns enfrontamentos leves cos Mossos d'Esquadra.

Noticias web

06/03/2020