CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence péchanse no Concello de Pontevedra

Publicado o 11/03/2021 14:31

Os traballadores de Ence manteñen as súas mobilizacións. Este xoves quixeron concentrarse diante da subdelegación do Goberno, pero a presenza das forzas de seguridade fixo que rematasen por encerrarse no interior do Concello de Pontevedra.

Din que manterán a loita para impedir o peche da fábrica. O secretario de Estado de Medio Ambiente asegurou que ENCE pechará en 2033, non pola lei de cambio climático, senón porque pasa o tope de 75 anos da concesión.

Os traballadores lamentan que non haxa unha alternativa que garanta os postos de traballo e anuncian que manterán as mobilizacións.

Noticias web

11/03/2021

Máis sobre Pontevedra