Os traballadores de Alu Ibérica piden unha solución de futuro para a planta
Publicado o 05/08/2021 15:24
Os traballadores de Alu Ibérica agardan a chegada do novo administrador concursal autorizado pola Audiencia Nacional que xestionará as plantas da Coruña e Avilés ata a chegada dun investidor solvente.
Este mediodía volvéronse concentrar diante da delegación do Goberno para reclamar garantías de futuro para a empresa. Urxen a que se aclare a situación financeira das fábricas logo de que a propia xustiza sospeite da súa descapitalización durante o proceso de venda.