Os traballadores de Alu Ibérica na Coruña denuncian que a fábrica parou por falta de aluminio para reciclar
Publicado o 03/04/2021 21:01
Os traballadores da fábrica de Alu Ibérica na Coruña denuncian unha nova parada por falta de aluminio para reciclar. Nun comunicado, o comité de empresa asegura que as máquinas levan paradas desde as catro da mañá deste Venres Santo.
Os representantes sindicais din que a situación é cada vez máis insostible. Ddenuncian que todo o persoal segue sen recibir a nómina de xaneiro, e boa parte deles tampouco cobraron nin febreiro nin marzo.