Os traballadores de Alu Ibérica esixen unha reunión urxente co goberno central e a Xunta
Os traballadores de Alu Ibérica concentráronse ás portas da factoría, un día despois de que o administrador xudicial decretara o paralización temporal da actividade e mandara para a casa, cun permiso retribuido, os 300 empregados. A resolución apela á falta de carga de traballo e os problemas de liquidez e tamén laborais que deixaron a empresa sen asistencia médica e sen servizo de limpeza e desinfección.
"O administrador o que fixo onte foi tomar unha medida paliativa co que está aotpando, non quere xente na planta exposta a un risco de seguridade é unha parada temporal e é unha parada que esperamos reactivar o antes posible" explica o presidente do comité
Os traballadores consideran que a xustiza lles vai dando a razón sobre a estafa que supuxo a venda de Alcoa pero mentres a investigación segue avanzado, esixen solucións por parte dos gobernos central e autonómico. Non queren agardar á xuntanza prevista para setembro e reclama unha reunión urxente para poder retomar a actividade.
"Por iso estamos hoxe, un sábado, aqui e non estamos o luns porque nos apremia que canto antes se tomen decisións e quero ver aqui ao presidente Feijóo, quero ver o conselleiro vicepresidente económico aqui, quero ver a ministra Maroto, a mnistra Ribera aqui, e se fai falta a Pedro Sánchez e a Iolanda Díaz e a todos os que teñen capacidade para buscar unha solución" engade Corbacho
O comitè reclaman tamén a implicación dos provedores, dos clientes e das entidades financeiras.