CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa volven á folga xeral e bloquean o acceso á factoría

Publicado o 27/09/2021 09:56

Os traballadores de Alcoa volven á folga xeral ao fracasar o proceso e venda da planta de aluminio. Din que non lles queda outra saída. O comité de empresa carga contra a multinacional e o Goberno, aos que responsabiliza do bloqueo no proceso de venda da planta. Para os traballadores, a única solución é a venda a través da SEPI.

Nas últimas horas Alcoa emitía un comunicado en que insiste nun marco enerxético competitivo para proceder á venda. Din que, a pesar dos bos prezos do alumunio, o custo da electricidade segue facendo inviable a fábrica.

Foron sete meses de paz social. Os traballadores volven tamán ás mobilizacións, a primeira este mediodía ás portas da fábrica, dende hoxe queda bloqueada a saída de aluminio da fábrica.

Tal e como anunciaran, os traballadores de Alcoa retomaron, ás dúas da tarde, a folga indefinida en demanda dunha solución para a planta de San Cibrao e os empregos que dela dependen. Mantéñense firmes malia o contundente comunicado que emitiu onte a empresa

Tras oito meses sen mobilizacións, de paz social para facilitar as negociacións entre a empresa e o Ministerio de Industria, os traballadores aseguran que as promesas xa non lles valen, que están xogando co pan de toda unha comarca, e retoman, como dicías, a folga, con carácter indefinido.

Están indignados, tamén, co comunicado que emitiu onte á tarde a empresa, alegando unha vez máis que a planta é inviable polo prezo da enerxía e que a venda tampouco é posible mentres non haxa un marco enerxético estable e competitivo. Os traballadores tamén consideran incongruente a postura do Goberno, por non facilitar a intervención da SEPI.

José Antonio Zan Vega, presidente do Comité de Empresa: "O que precisamos é que deixen de xogar con nós. Levamos 16 meses de loita, os últimos 8 de paz social, gratis, e non fixeron nada. O que non pode ser é cargar sobre os traballadores e a comarca o futuro desta xente, só con caprichos e enfados entre a empresa e o Ministerio de Industria. O que teñen é que chegar a un acordo e solucionar a problemática canto antes".

 

Noticias web

27/09/2021