Os traballadores de Alcoa San Cibrao volven á folga indefinida
Publicado o 22/09/2021 14:28

Na Mariña, os traballadores da planta de aluminio de Alcoa de San Cibrao volven á folga indefinida. Acusan o Goberno de non garantir o proceso de venda da fábrica e á multinacional de bloquealo desde o inicio das negociacións.
Levan un ano e medio agardando unha solución ao conflito laboral, con preto dun milleiro de postos de traballo en xogo. Volverán ás rúas, preparan xa un calendario de mobilizacións.