CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa San Cibrao inician mobilizacións tras baixar a empresa a produción máis dun 10 por cento

Publicado o 09/09/2019 21:17

Os traballadores da factoría de Alcoa en Cervo inician esta semana mobilización despois de que a empresa pechara varias cubas e baixara a produción de aluminio máis dun 10%. O comité de empresa esíxelle ao Ministerio de Industria un prezo eléctrico competitivo para que Alcoa deixe de pagar a enerxía un 50% máis cara ca os seus competidores europeos. 

"Aclarar cal vai ser a política enerxética que ten e se permite que unha industria electrointensiva coma esta, en que un corenta por cento do prezo da factura do aluminio que sae por estas portas corresponde á electricidade, ten que aclarar se o prezo da corriente eléctrica vai permitir competir con países coma Francia, Alemaña", asegura Xosé Paleo, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Noticias web

09/09/2019