CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa inician unha folga de 24 horas para buscar opcións ao peche

Publicado o 07/01/2019 18:26

Os traballadores de Alcoa inician ás dez desta noite unha folga de 24 horas para reclamar que se busquen alternativas ao peche da planta da Coruña. Mañá levarán as súas protestas a Madrid, onde está prevista unha nova xuntanza entre o Ministerio de Industria, a Xunta e o Principado, os sindicatos e a dirección de Alcoa. As conversas entre todas as partes intensifícanse, a 8 días para que remate o prazo que deu a empresa para solucionar o conflito. Se de aquí a aló non hai avances, a partir do 15 de xaneiro Alcoa empezará a despedir todo o cadro de persoal, tanto da Coruña coma de Avilés. En total, unhas 700 persoas.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña: "Son xornadas moi importantes, queda pouco tempo, e seguimos bastante lonxe da postura da empresa. A dirección mantén o despedimento colectivo nas dúas plantas e o peche das instalacións, e nós insistimos en que as dúas plantas son viables e loitamos polo mantemento dos empregos".

Noticias web

07/01/2019