A Mariña inicia as protestas contra o desmantelamento de Alcoa
• Feijóo di que leva dous anos reclamando electricidade a un prezo xusto
• O Goberno pídelle a Alcoa que "reconsidere" o despedimento colectivo
Hoxe vimos barricadas nos accesos á fábrica de Alcoa, en Cervo. Son as primeiras, pero non serán as últimas. Os sindicatos anunciaron esta tarde unha campaña de protestas que van mobilizar toda a comarca. O calendario reivindicativo é secreto. Pero dáse por seguro que as accións convocadas polos traballadores de agora en diante serán multitudinarias.
Os traballadores piden medidas urxentes para darlle viabilidade á fábrica. Esixen a aprobación do estatuto para as industrias electrointensivas e defenden tamén a participación na compañía, como propuxo o vicepresidente do Goberno.
Pola súa banda, a mancomunidade de municipios analiza esta tarde a situación. Quere crear unha fronte común para defender Alcoa á marxe das cores políticas.
A Mariña arde ante a profunda crise laboral aberta en Alcoa. Barricadas bloqueando osaccesos a fábrica é a primeira reaccion a proposta da multinacionalde despedir a máis de 500 traballadores da planta de aluminio.
"Recordarlle as señoras ministras que a primeira empresa que se declarou esencial foi esta. Que fagan o seu traballo, que lexislen e nos den viabilidade. A solución dixoa Pablo Iglesias, a solución é a intervención", son as palabras de José Antonio Zan, presidente do comité de empresa.
Os traballadores non están sos, toda a comarca está en pé de guerra para defender o seu principal motor económico.
"Rexenerar toda a destrucción que vai haber é imposible na Mariña", explica José Paleo da federación de comercio.
A mancomunidade deconcellos esixe a aprobación do estatuto para as industriaselectrointesivas que de estabilidade a fábrica. Estableceran unha folla de ruta para remar todos na mesma dirección.
"Co consenso de todos, non hai cores políticas, este é un problema de toda a comarca que nos afecta a todos. O estado central ten que aprobar o estatuto para as electrointensivas", manifestou Fran Cajoto da mancomunidade.
Un estatuto do que segue sen dar pistas a ministra de Industria que lle esixe corresponsabilidade a empresa. "Invertiuse nesa planta 38 millóns de euros, coa condicción de manter o emprego, polo tanto a empresa ten que ter corresponsabilidade coa comarca que depende desa planta", apuntou Reyes Maroto.
A de San Cibrao é a única fábrica de producción de aluminio que queda operativa en España.