CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa esixen nunha mobilización a venda da fábrica

Publicado o 20/06/2021 16:57

Nova concentración dos traballadores de Alcoa da factoría de San Cibrao. Queren así chamar a atención sobre a súa situación e defender os seus postos de traballo e o futuro de toda unha comarca.

A comarca da Mariña volveu amosar o seu apoio aos traballadores de Alcoa. Foi nunha concentración celebrada na praza dos Campos.

Reclaman pasos firmes para a venda da única fábrica de aluminio primario que queda en España. Aseguran que hai compradores interesados na firma pero necesitan a intervención pública como paso previo para esa venda. Piden á ministra de Industria que cumpra cos compromisos pactados para que a comarca non quede na ruína.  

 

 

 

 

 

Noticias web

20/06/2021