Os traballadores de Alcoa deciden en asemblea se realizan novas mobilizacións
Os trabalaldores de Alcoa foron convocados polo comité de empresa para decidiren en asemblea se retoman as mobilizacións. Esta comezará ás 15:10 diante das instalacións que a factoría ten en San Cibrao.
O comité informará o preto de milleiro de traballadores sobre o proceso de venda da fábrica. O 30 de abril remataba o prazo acordado polos traballadores coa dirección para manter a paz social mentres se negociaba a venda da factoría á SEPI.
Os traballadores dubidan agora do compromiso do Goberno, logo de que Industria manifestara que ten que ser Alcoa a que negocie directamente cos compradores interesados. O Goberno di que se dará apoio, pero todo apunta a que a operación de venda non se pecharía a través da SEPI. Isto xera desconfianza entre os traballadores. Defenden que facer a venda a través da SEPI é a unica forma de garantir que o proxecto é viable. Por iso, pídenlle ao Goberno que cumpra cos seus compromisos.