CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa anuncian mobilizacións

Publicado o 15/07/2021 20:47

Unha nova reunión para tratar o futuro da fábrica de Alcoa na Mariña lucense rematou sen avances e cos traballadores anunciando novas mobilizacións. O comité de empresa considera un insulto que nin a ministra nin ninguén do seu departamento participase na reunion para dar detalles da proposta que Reyes Maroto vai levar a Pittsburgh (Estados Unidos) ao presidente de Alcoa. Esa actitude molestou moito os traballadores de San Cibrao, que anuncian mobilizacions para o vindeiro luns.

Noticias web

15/07/2021