Os traballadores de Alcoa aférranse á posible venda da factoría a Liberty
Publicado o 11/10/2020 15:13
O comité de Alcoa-San Cibrao celebrou este domingo unha marcha con mozos e rapaces da comunidade educativa da Mariña, que rematou á entrada de acceso á fabrica, onde fixeron unha interpretación do que pode ser o futuro da factoría, a entrada dun novo propietario que manteña os postos de traballo que Alcoa ameaza despedir cun ERE.
Os traballadores reclaman ás administracións, tanto ao Goberno central como a Xunta, que interveñan a factoría para evitar o seu desmantelamento.