CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa abandonarán a folga se a empresa garante a produción e o emprego en San Cibrao

Publicado o 18/12/2020 19:20

A anulación do ere é unha batalla gañada, pero non soluciona o conflito laboral en Alcoa. Os traballadores non confían en que a multinacional decida vender a planta de aluminio. E din que é o momento de que o Goberno mova ficha.

José Antonio Zan. Presidente do comité de empresa "É o Ministerio de Industria o que ten que decidir dunha vez por todas se Alcoa non se senta a negociar se intervén a planta ou vai seguir escusándose nos xulgados"

Para o Goberno o camiño é volver ao diálogo. Industria mantén a proposta de vender a factoría a través da Sepi, pero non fala directamente de intervención pública.

Raúl Blanco. Secretario xeral de Industria:  "Seguimos abertos a todas as posibilidades, o 27 de setembro ofrecéuselle a Alcoa mediar nesa venda a un terceiro privado a través da Sepi, esa opción segue aberta"

A Xunta confía en abrir de novo a negociación e afirma que calquera solución ten que garantir o emprego e a actividade industrial en San Cibrao.

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía "unha solución compartida con Alcoa, a alternativa, a intervencion, pero a única via para a Xunta é atopar unha solución que garanta o emprego e actividade industrial"

Alcoa ten cinco días para recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante o Supremo. De momento só anunciou que paraliza o despedimento colectivo dos 524 traballadores.

Noticias web

18/12/2020