CRTVG

Buscar

Os traballadores das auxiliares de Endesa nas Pontes reclaman que se manteña o emprego

Publicado o 06/08/2020 14:32

Preocupación nas Pontes polo futuro dos traballadores auxiliares da central térmica de Endesa. Hoxe concentráronse diante do concello, convocados pola CIG, UXT e Comisións. Reclaman unha mesa específica para abordar o futuro destes operarios, uns 170, calculan os sindicatos. Critican que Endesa non está a cumprir o seu compromiso de manter todo o emprego ata que rematen as probas con biocombustibles e denuncian que xa houbo despedimentos. 

 

Noticias web

06/08/2020