CRTVG

Buscar

Os traballadores de Repsol na Coruña saen á rúa para esixir a retirada do ERTE

Publicado o 24/04/2021 14:17

O expediente de regulación temporal de emprego afectaría durante seis meses a un máximo de duascentas doce persoas, algo máis do trinta por cento do cadro de persoal da refinería. Os traballadores volveron reclamar a retirada dun ERTE que consideran inxustificado. Piden que se garantan os seus dereitos laborais e unha política industrial que recolla as medidas para a transición enerxética. Cómpre investir, insisten.

A mesa negociadora ten programadas dúas novas reunións para a a semana que vén. A Xunta pídelle ao Ministerio de Traballo que vixíe o proceso. Os traballadores reclámanlle ao Goberno autonómico un apoio firme.

Percorreron a pé os dous quilómetros que separan as prazas da Palloza e de María Pita. Apoiaron a marcha representantes das principais forzas políticas.

Noticias web

24/04/2021