Os touroperadores rusos ven Galicia como un bo destino vacacional
Hai sete anos apenas sabían situar Galicia nun mapa. Agora cada vez son máis os turistas rusos que elixen Galicia como destino de vacacións.
Xan González, axencia Turismo de Galicia: "A primeira vez que acudiamos as feiras pois custaba que se achegasen a nós, incluso tiñamos que saír aos corredores, parar a xente e contarlle un pouquiño que era Galicia e agora mudou complentamente a historia. Son eles os que se achegan a nós, son moitos os que xa viaxaron a Galicia os que teñen intereses concretos para coñecer máis e mellor a nosa terra".
Nelia Ogurtsova, directora xeral de Vremia Tours: "Sempre buscamos para os nosos clientes os mellores sitios para descansar e en España ofrecemos as perlas, e Galicia é unha das mellores perlas de España".
Forman parte desta delegación axentes de viaxes dun dos principais turoperadores de Rusia.
Nelia Ogurtsova, directora xeral de Vremia Tours: "Todos están moi namorados de Galicia e queren regresar e traer aos seus clientes. Aquí podemos ofrecer todo, cultura, a mellor gastronomía do mundo, praias e moito sol".
Chegaron o día 6 e dende entón non pararon de coñecer todo o norte de Galicia. Agora toca viaxar ao sur.
Xan González, axencia Turismo de Galicia: "Van estar nas Rías Baixas, nas illas Cíes, en Ourense, en Allariz e na Ribeira Sacra".
Mellorar a nosa posición dentro dos mercados internacionais é un dos obxectivos que marca a Axencia Turismo de Galicia.