CRTVG

Buscar

Os tests de covid−19 por saliva xa se poden pedir en todas as farmacias galegas

Publicado o 24/05/2021 14:51

Desde hoxe é posible realizar tests de covid−19 por saliva nas farmacias de toda Galicia. Incorpóranse a este programa de balde as boticas da provincia de Lugo.

Xesús é dos primeiros que se achegaron ata esta farmacia de Lugo para solicitar o test de covid−19 de saliva, pero non foi o único.

Algúns aínda non sabían que xa se podía solicitar. Hai decepción entre os que teñen seguro privado, que non puideron solicitalo.

A proba faise na casa, é sinxela, só hai que recoller unha mostra de saliva ao levantarase e en 24-48 horas envíanche o resultado cunha mensaxe ao móbil.

Con incorporación das boticas de Lugo, este test de antíxenos está dispoñible en todas as farmacias galegas.

Noticias web

24/05/2021