Os temporais condicionan as ceas de Nadal
Publicado o 13/12/2019 13:22
Cando faltan dez días para o inicio das festas, nos mercados nótanse os efectos dos temporais que nas últimas semanas azoutan a costa galega. Escasea o produto e os prezos acadan xa niveis propios das vésperas, como no caso do camarón que xa rolda os 100 euros o quilo.
Unha situación que favorece a venda de conxelados. Outro dos sectores favorecido é o da carne onde as reservas comezaron hai semanas.
Outra das opcións máis demandadas é o tradicional bacallau.
Opcións que gañan adeptos ante as previsións de que no mar continúe o temporal.