Os técnicos forestais reivindican melloras laborais
Publicado o 22/06/2020 13:54
Técnicos forestais esixen á Xunta que abra a mesa de negociación para atender as súas reivindicación de melloras laboras e creación de máis prazas.
Medio cento de persoas concentrouse diante da Consellería de Medio Rural denunciando escaseza de persoal e sobrecarga de tarefas. Afirman que nos últimos anos asumiron novas funcións cun cadro de persoal que non medra dende o 99.
Piden melloras no número de dias de descanso e vacación e unha mellora de retribucións.