CRTVG

Buscar

Os técnicos da Consellería de Cultura comezan mañá o inventario do Pazo de Meirás

Publicado o 10/11/2020 08:59

O inventario do Pazo de Meirás comeza mañá. Serán técnicos da Consellería de Cultura os encargados de levar a cabo esta medida cautelar que busca evitar un saqueo por parte da familia daqueles obxectos de valor, moitos considerados Bens de Interese Cultural dende o 2008.

Mentres non estea finalizado ese inventario, non poderán extraer ningún ben. Con esta medida, a xustiza prohibe aos Franco retirar nada sen unha autorización expresa.

Para garantir o cumprimento do ditado pola xuíza e que a familia do ditador non roube nada, a Garda Civil vixía de xeito permanente as entradas ao Pazo de Meirás, que os Franco deberán entregar antes do 10 de decembro.


 

Noticias web

10/11/2020