Os taxistas de Vigo votan sobre a redución da frota
Publicado o 27/01/2021 22:55
Durante toda a xornada os taxistas vigueses acudiron a votar. Fíxerono cunha ampla participación. Xuntos buscan unha saída a unha situación que aseguran reduciu nun 70 % a súa facturación.
Agora as últimas restricións puxéronos un pouquiño máis contra as cordas.
Por iso buscan fórmulas que poidan paliar esta situación. Por votacion decidían hoxe se traballar só quince días ao mes.
É dicir reducir a actividade a metade de xeito temporal, durante os meses de febreiro e marzo e analizar se pode ou non beneficialos.