Os taxistas da Coruña levan os anciáns dunha residencia a ver as luces de Nadal da cidade
Publicado o 10/12/2019 21:07
Para os maiores da residencia Padre Rubinos da Coruña esta é unha xornada de festa. Prepáranse para dar unha volta pola cidade moi especial. A viaxe será en taxi, pero esta vez nin van a unha cita médica nin a un hospital.
Escoltada pola Policía Local e paseniño, unha caravana de 20 taxis discorre polas rúas máis céntricas para que os seus pasaxeiros poidar gozar da iluminación e do ambiente de Nadal que se vive na cidade nestas datas. A viaxe para eles é de balde. Os taxistas queren amosarlles así a súa gratitude.
A parada obrigada foi a carón da bola de Nadal, situada na Mariña. Alí, entre risas e panxoliñas, agradecían a viaxe.
Para eles, o espírito de Nadal, desta volta, chegou en taxi.