CRTVG

Buscar

Os talibáns quedan fóra da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Publicado o 25/09/2021 00:25
Os talibáns quedan fóra da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Os talibáns non poderán representar a Afganistán na Asemblea Xeral da ONU. Ata o momento o representante inscrito para falar na Asemblea é o embaixador nomeado polo Goberno deposto. Os talibáns pediron esta semana a remuda, pero en conflitos semellantes decide un comité que se reúne en novembro e opera por consenso.

O representante afgán terá o uso da palabra o luns e de momento para a ONU o representante do país asiático segue a ser o nomeado polo anterior Goberno, Ghulam Isaczai. As novas autoridades de Cabul nomearon embaixador na ONU o seu voceiro en Catar, Suhail Shaheen, que de momento non poderá tomar posesión do cargo.