CRTVG

Buscar

Os talibáns declaran a vitoria e milleiros de civís intentan fuxir de Afganistán

Publicado o 16/08/2021 09:15

• Caos no aeroporto de Kabul | Os EUA intentan garantir a seguridade para evacuar os seus cidadáns e os aliados  | España envía dous avións a Dubai para iniciar as repatriacións


Miles de persoas desesperadas por fuxir de Afganistán desataron o caos este luns no aeroporto de Kabul, tentando abordar voos de repatriación no primeiro día do país baixo o control dos talibáns, onde ademais informouse de que se poderían producir polo menos tres mortos por tiroteos.

A marea de xente comezou a chegar desde onte á noite ao aeroporto internacional Hamid Karzai, na capital afgá, con moitos deles sen nin sequera documentos de viaxe ou visado. A maioría son persoas comúns que se apresuraron ao aeroporto levados pola idea de que Estados Unidos, que está a evacuar ao seu persoal no país, vai sacar aos afgáns, dixo a Efe un funcionario do aeroporto, que pediu o anonimato.

De momento nin a forzas de seguridade afgás nin os combatentes talibáns asumiron a seguridade do aeroporto, asegurou. A turba deixou decenas de persoas golpeadas, entre eles nenos, que se lanzan unhas sobres outras para chegar á pista, onde permanecen algúns avións programados para unha limitada evacuación de estranxeiros, detallou.

Neste momento, todos os voos desde o aeroporto internacional Hamid Karzai están temporalmente suspendidos, informou nun comunicado a autoridade de Aviación Civil de Afganistán. "Non se acheguen ao aeroporto ata que se renoven os voos", engadiu. Vídeos difundidos nas redes sociais mostran por centos de persoas empuxándose e rubindo sobre outros para subir a un avión, e noutros se escoitan mesmo disparos nas proximidades.

Na captura de pantalla dun vídeo, que recolle a canle local Tolo en Twitter, ven tres corpos no chan, e a mensaxe de que son "vítimas presuntamente de disparos no aeroporto internacional de Cabul esta mañá", sen maior confirmación, aínda que tamén se especula que puidesen morrer nunha estampida.

Á primeira hora da mañá de hoxe, hora local, o Departamento de Estado dos Estados Unidos anunciou que completou o proceso para transportar ao aeroporto aos aproximadamente 4.000 empregados da súa embaixada.

O Departamento de Estado informou nun comunicado de que está a traballar para asegurar o Aeroporto Internacional Hamid Karzai e permitir a saída segura do persoal estadounidense e os seus aliados a través de voos civís e militares. A repatriación do persoal da embaixada de España en Kabul, asi como os colaboradores afgáns e as súas familias, iniciarase hoxe co envío de dous avións a Dubai, que logo se dirixirán á capital.

A comunidade internacional, máis de 60 países, fai un chamamento a garantir que os cidadáns afgáns e estranxeiros que desexen abandonar o país o poidan facer de xeito seguro e que se manteñan as fronteiras abertas. Comunicado que asinou entroutros España, Alemaña, Reino ou Francia e tamén o alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Josep Borrell.

O autodenominado Emirato Islámico acaba de declarar, nunha mensaxe en vídeo, o fin da guerra de Afganistán e a vitoria dos insurxentes tras unha ofensiva relámpago que en cuestión de días se fixo co control de todo o país, vinte anos despois de que a invasión estadounidense de 2001 expulsara os talibáns do país. Este é o novo presidente do país, Abdul Ghani Baradar.

A bandeira branca ondea en todos os centros de poder do país centroasiático, en substitución da da República Islámica de Afganistán.

A vitoria talibán completouse coa fuxida do presidente Asrhaf Ghani, ó que moitos dos seus compatriotas culpan da desastrosa campaña militar que permitiu ós talibáns reconquistar o país en pouco máis dunha semana. Segundo explicou logo dunha carta publicada en redes sociais, escapou para evitar un derramamento de sangue e os choques coas milicias fundamentalistas que puxeran en perigo ós habitantes da capital.

Os talibáns aseguran que non van atacar vidas nin propiedades de ninguén, pero se a comunidade internacional e a vía diplomática non o evita, volverá producirse unha nova crise de refuxiados. Os que poidan escapar. Os que non, sobre todo, mulleres e nenas, saben que hoxe comeza un novo réxime de terror para elas.

España agarda que a evacuación sexa o antes posible

Malia as imaxes que chegan desde Kabul, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska insistiu esta mesma mañá en que o aeroporto é un lugar seguro.  Marlaska sinalou que o "obxectivo prioritario" é que todos os cidadáns españois e os afgáns que colaboraron con España regresen "canto antes" ao noso país nos avións que as forzas armadas fretan este luns a Afganistán.

En declaracións na Cadena Ser, Marlaska sinalou que xa se atopa no aeroporto o persoal da embaixada en Afganistán, entre eles os membros da unidade de elite da Policía Nacional, o GEO, así como os españois que quedan nese país e os cidadáns afgáns que durante anos colaboraron con España. 

España envía este luns dous avións con destino a Dubái para cubrir a primeira fase de repatriación do persoal da embaixada en Afganistán, dos españois que quedan nese país e "de todos aqueles afgáns e as súas familias que durante anos colaboraron co noso país".

Casado reclama a comparecencia de Sánchez

O presidente do PP pídelle a Pedro Sánchez que compareza no Congreso para informar sobre o repregamento das tropas Pablo Casado define a victoria talibán en Afganistán como unha grave derrota para os aliados occidentais contra o terrorismo islámico e a favor dos dereitos humáns, sobre todo das mulleres. E pídelle ao presidente do Goberno que explique a posición de España como están facendo outros líderes europeos.

Noticias web

16/08/2021