Os supercontaxiadores actúan como aceleradores da pandemia, segundo un estudo da USC
Os investigadores da universidade de Santiago defenderon sempre o papel dos supercontaxiadores na expansión da covid. Cren que os gromos teñen máis que ver con que haxa desas "persoas supercontaxiadoras", que coas variantes que circulan en cada momento. Agora unha das revistas científicas máis destacadas, Trends in Genetics, acaba de reafirmar a súa teoría, que corrobora tamén a dos investigadores da USC: a importancia das persoas supercontaxiadoras na expansión da covid.
Quen son estes supercontaxiadores, cal é o seu perfil é o que ata o momento os investigadores non son quen de definir.En todo caso o que si teñen claro os investigadores é que independentemente dos supercontaxiadores ou das variantes do virus só a vacinación e os comportamentos sociais previran unha posible nova expansión do virus.