Os sucesivos asfaltados dunha estrada en Abadín impídenlle a unha muller saír da casa
Unha muller con discapacidade física e que necesita dunha cadeira de rodas para desprazarse leva anos loitando nunha parroquia de Abadín por uns accesos axeitados á súa vivenda.
Considera indigno e unha vergoña que, tras case 6 anos de reclamacións, se siga incumprindo a lei. A plataforma web Change.Org xa recolle unha petición de apoio para o seu caso.
Pilar leva dende o 2013 reclamando que lle fagan accesible o acceso á súa casa. O médico xa non lle deixa facer esforzos pero dende o Concello, a pesar de que ela di que está acreditado que se fixeron moitas obras e hai orzamentos, seguen sen darlle unha resposta. Nin sequera a Valedora do Pobo foi quen de axudala.
Ela, a pesar de que existe un proxecto técnico que valorou en arredor de 5.000 euros a obra que solucionaría os seus problemas de acceso, séntese abandonada.
Os veciños iniciaron unha campaña na plataforma Change.org para apoiala e levan recadadas xa máis de 1.500 sinaturas.