Os socialistas piden que dimita o alcalde de Vilanova
Publicado o 18/06/2021 14:21
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, foi condenado recentemente a pagar unha multa por un delito leve de falta de respecto á autoridade. Durán chamara "chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra e "ancián" ao alcalde de Vigo.
Os socialistas piden que dimita ou que o fagan dimitir. Cabe recordar que a sentenza está recorrida.