CRTVG

Buscar

Os socialistas galegos reafirman o seu compromiso co autogoberno no 40 aniversario do Estatuto

Publicado o 03/04/2021 16:03

Acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía este sábado en Santiago. 

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo acompañado dos expresidentes socialistas da Xunta, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

Na súa intervención Caballero quixo salientar o papel dos socialistas no Estatuto de Autonomía e reafirmar o seu compromiso galeguista e co autogoberno. O secretario xeral do PSdeG fixo un chamamento a reeditar aquel espírito de diálogo e cooperación para sacar a Galicia adiante. 

 

 

Noticias web

03/04/2021