Os socialistas galegos pídenlle á Xunta que redobre os esforzos
Publicado o 01/04/2020 15:12
O líder dos socialistas galegos apoiou as decisións tomadas polo Goberno Central e pediulle á Xunta que redobre esforzos. Neste sentido, Gonzalo Caballero demandoulle á Xunta a posta en marcha dun plan urxente de apoio ao sistema sanitario e os servizos sociais.
Caballero insistiu en que a Xunta segue tendo as competencias nestes dous ámbitos.